Navantia oferta 179 postos de traballo para o estaleiro de Ferrol

A maior parte son para perfís júnior, aspirantes con ata catro anos de experiencia.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 27/07/2023 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

Navantia abriu o prazo de inscrición no proceso de selección de 179 traballadores e traballadoras para o estaleiro de Ferrol.

O grupo naval público informa de que as persoas interesadas deben completar a súa solicitude ata o 8 de setembro e, para iso, deben acceder ao apartado Portal de Emprego da súa web (www.navantia.es). A compañía incide na importancia de revisar todos os detalles das vacantes e de achegar toda a documentación requirida.

O perfil dos postos é maioritariamente (133) júnior, é dicir, con ata catro anos de experiencia laboral. As outras 46 prazas son para perfil sénior, con máis de catro anos de experiencia.

A dirección que máis prazas oferta é a de Fragatas e Buques de Intervención (hai que lembrar que está en marcha o programa de construción de cinco fragatas para a Armada española), con 142. Delas, 107 son de perfil júnior e o resto, sénior. Hai postos de técnicos e titulados superiores, operarios e persoal de oficina.

Tamén hai vacantes na dirección de Tecnoloxía e Transformación Dixital, así como en Turbinas e Reparacións. Nese sentido, a división de Enerxías Verdes (Navantia Seanergies) abre o proceso para cubrir 16 prazas na área de Turbinas (12 júnior e catro sénior).

Traballadores de Navantia ás portas do estaleiro de Ferrol
Traballadores de Navantia ás portas do estaleiro de Ferrol | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta