Polémica elección de Baltar como senador autonómico

Tres votos nulos, de Arangüena e outros dous parlamentarios da liña do socialista Gonzalo Caballero, que explicitaron o seu "non" expreso á elección do ourensán. Tamén foron elexidos Carme da Silva e José Manuel Rey Varela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2023 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O expresidente da Deputación de Ourense e líder provincial dos populares na provincia, Manuel Baltar, así como o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e a que foi cabeza de lista do BNG ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Carme da Silva, foron elixidos este venres senadores por designación autonómica nun do tres plenos extraordinarios cos que o Pazo do Hórreo despediu a actividade antes do parón de agosto.

A votación tivo lugar en urna cunha única papeleta na que aparecían ow tres nomes e podíase marcar cunha cruz cada un deles. Nesta conxuntura, a elección dos populares contou co respaldo de 42 votos --tantos como deputados ten o PP no Parlamento galego--, mentres que a da nacionalista contou co referendo de 30 votos a favor. Houbo, ademais, tres papeletas nulas.

Á marxe do apoio dos 19 parlamentarios nacionalistas, a directriz oficial do Grupo Socialista era votar a favor da parlamentaria nacionalista e non marcar a casa de ningún dos aspirantes populares.

A excepción chegou da man do parlamentario do PSdeG Pablo Arangüena, quen pediu a palabra ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, para explicar que esperaba que "un dos votos nulos" non fose o seu. Desvelou que puxera a palabra "non" xunto ao nome do expresidente da Deputación ourensá.

Fontes consultadas por Europa Press ratificaron que, ademais de Arangüena, outros dous deputados socialistas da órbita do exsecretario xeral Gonzalo Caballero, optarían por explicitar o seu "non" a que Baltar sexa designado como representante de Galicia no Senado, o que derivou en papeletas nulas.

"NON QUERO BLANQUEAR O CACIQUISMO"

Arangüena proseguiu as súas críticas en Twitter, onde manifestou a súa "repulsa" pola designación e "consecuente aforamiento" dunha persoa que representa "o peor caciquismo, a corrupción e o naufraxio do Estado de Dereito".

"Marquei non xunto ao nome de Baltar na papeleta para designar senador autonómico porque o sistema non permitía votar en contra. Non quero blanquear o caciquismo. Feijóo e Rueda deben comparecer e explicar o engano do popular aforando a Baltar", aseverou o socialista.

DESIGNACIÓN TRAS EL PASO AO CARÓN EN OURENSE

Os populares propuxeron a Baltar para ser representante de Galicia na Cámara alta apenas un mes despois de que este dese un paso ao carón ao renunciar a seguir á fronte da Deputación provincial co fin de facilitar que o seu partido puidese conservala, segundo afirmou el mesmo, tras unha campaña municipal marcada polo seu exceso de velocidade (que acabou nun xuízo aínda pendente) e outras polémicas.

Da Silva (BNG), Baltar (PP) e Rey Varela (PP), novos senadores por designacion autonómica.
Da Silva (BNG), Baltar (PP) e Rey Varela (PP), novos senadores por designacion autonómica. | Fonte: Europa Press

Da SILVA

Pola súa banda, a senadora do BNG electa por designación autonómica, Carme da Silva, destacou que unirá a súa voz á do deputado electo da formación no Congreso, Néstor Rego, para "conseguir cousas importantes" para Galicia.

REY VARELA

O alcalde de Ferrol e senador electo por designación autonómica, José Manuel Rey Varela, asegurou que contribuirá desde as Cortes xerais a que a cidade departamental teña "un peso importante" nas decisións do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta