Detidas tres persoas por tráfico de drogas en Ourense

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2023 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a tres individuos, presuntos autores dun delito contra a saúde pública en Ourense, nun operativo no que se interveu diñeiro en efectivo, preto de 100 gramos de cocaína en roca, varios gramos de haxix, plantas de marihuana, diversos machetes e armas brancas, entre outros obxectos.

Tal e como informa o corpo policial, os detidos facían uso da súa vivenda, situada nun barrio residencial da cidade, para "vender sustancias estupefacientes e facilitar o consumo no interior", tendo habilitadas varias estancias a tal fin.

Por mor da chegada destas persoas á zona, engade, empezouse a notar unha "continua trasfega de consumidores" que entraban e saían do domicilio nun "goteo constante e ao longo de todo o día". A Policía Nacional, ao ter coñecemento destes feitos inicia unha investigación que se enmarca dentro da operación 'Caverna'.

Axente da Policía Nacional
Axente da Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta