Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 02/08/2023 | Actualizada ás 15:25
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou que a situación de cobertura de médicos no PAC da área sanitaria de Pontevedra "é boa" e que, a priori, "non hai ningún oco descuberto". Desta forma, destacou o "enorme traballo" que fan na área sanitaria durante todos os días do ano e nun contexto de "falta de profesionais" agradeceu o labor das persoas que, "cando un compañeiro está ausente por unha baixa ou por vacacións, cobre o traballo".
Nesta liña, lembrou que o pasado ano a situación foi "un pouco máis complicada", xa que había "máis xente de baixa", pero os profesionais sanitarios da área cubriron "moitos deses ocos" con xornadas complementarias. Con todo, puntualizou que este ano na planificación da área sanitaria foi "mesmo máis fácil" cubrir eses ocos sempre co traballo de profesionais da área, o número de coberturas que ten feito "é razoable".
"Con esa falta de médicos, estamos expostos a que nun sitio hai un médico só estes días porque outro foi de vacacións e hai unha incidencia nese sitio pois durante un día ou varios non hai médico ata que eses mecanismos de colaboración funcionen", puntualizou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.