Bule bule, que Galiza via ser un graneiro do PSOE ou do PP ou do BNG ou do partido X non tén nada de malo se o voto é libre. Catalunya é un bastión socialista e ninguén pón en dúbida que foi unha decisión libre dos cataláns. É moi fácil, fai o que eu chamo "Proba Do Algodón"(por aquelo de que o algodón non engana), cando as cidades dun lugar votan prácticamente igual o mesmo que logo resulta saír para o conxunto dese lugar, o voto foi libre. Se non, mellor sospeitar. Un exemplo: en Ourense cidade gañou o PSOE claramente, na provincia gañou o PP por once puntos. Todos sabemos que Ourense está cacicado. En Catalunya o PSC venceu por case trinta puntos sobre CiU. Vemos que isto se repite en todas as cidades catalanas, unha a unha, o PSC vence en Barcelona, Lleida, Girona, Tarragona, L'Hospitalet, Sabadell, Tarrassa, Badalona, Santa Coloma e Reus sen baixar de vinte puntos de diferencia có segundo en ningunha cidade. Evidentemente, foi unha decisión libre do pobo catalán. E non tén nada de malo a maioría absoluta do PSC.
"o roce fai o cariño" Mentira; eu vivía a dous quilómetros escasos de onde vivía Fraga cando era presidente e créme que nunca lle collín cariño. ;-)
O da túa duda de nación.
Ti paréceme que tés certa dificultade para entender os puntos de vista doutros. Có de Nación non se está a referir a Galiza, senón a España. Idea non nacionalista de Nación equivale a negar o Estado-Nación como entendida polos nacionalistas; é dicir, un estado, unha identidade. O que están a dicir é que entenden que unha nación é unha pluralidade. Le outra vez e pénsao medio segundo, entendendo que por nación non se refiren a Galiza senón a España, e xa verás como ti o vés moito máis claro. O mellor o que non tén "Las Ideas Claras" sodes ti, o BNG e o PP; e non o PSOE.
Falando de Ideas Claras, mira que me escacho a rir có da crise do PP. Incrible. Moito "Ideas Claras" e logo de dous meses non saben si son de centro (có líder de antes) ou se seguen na mesma ideoloxía de ultradereita cunha nova "lideresa".
"Soamentes hai que ver coma o PP e o PSOE van en amor e en compaña en moitos temas e non vacilan en non darlle importancia a estas similitudes" Joder, agora vésme con esas; ¿é que ti non te enteiraches de nada NaDa NADA do ocorrido na lexislatura pasada?
"Aplicando a lóxica aplastante dalgúns lumbreiras, iso significa que tódolos galegos somos do PP. Recibimos cando nacemos o carnet de militante, verdade??" Pois hai tres anos, se non o eramos, dicianos aquelo de "si no eres del PP, jódete, jódete". Hai só tres anos, mellor era ser militante do PP se querías ter algunha posiblidade no sector público, ¿lembras?
POIS NON PERMITAS QUE VOLTEN.