Menuda estupidez de debate!! Non sei se somos máis tontos os que defendemos este cambio de cor (que non é tal, simplemente é un diseño para un cartel) ou os que con argumentos de nenos de preescolar din o contrario. Por que iso de :"nananana...o BNG pásase o azul como os do PP" non me digades que non é infantil. Aparte os que máis o critican son xustamente os que non votaron nin votan nin votarán xamáis o BNG.
Para Óscar: Maiorías do PSOE en Galicia?? E quen as vai conseguir?? Touriño?? Pepiño Blanco?? Magdalena Álvarez?? Non me digas máis...Vai ser Zapatero que o ides pasear como o brazo incorrupto de Santa Teresa.
O curioso de todo é que os socialistas empregan o mesmo vocabulario cos do PP. A quen non lle soa iso de "goberno amigo" ou iso de "bastión de votos en Galicia" ou iso de "o voto emigrante e moi difícil de cambiar". Cada vez teño máis dificultades para saber quen é quen. Cando oigo unha declaración dalgún dirixente do PP ou do PSOE teño que preguntar QUEN é o que está a falar e preguntar CANDO se fixo isa declaración. Polo tanto, coma comprenderades por iso non vexo con tan malos ollos chegar a futuros acordos có PP. Total, son o mesmo que o PSOE. Que máis da, non Óscar??