"Gozar co que se fai, facer para gozar", o lema do 4 veces nominado a mellor docente de España

Alexandre Sotelino, ourensan, mestre da USC, xa gañou o Premio Educa-Abanca a Mellor Docente de España a terceira vez que foi nominado en 2021.

Por Águeda Cernadas | Santiago de Compostela | 12/08/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Alexandre Sotelino Losada naceu en Ourense no 86 e cando foi o momento de elexir que carreira facer pensou en  Arquitectura pero acabou facendo Pedagoxia xa que como el mesmo relata "sempre me gustou o ámbito educativo, de feito sempre estiven metido en asociacións culturais xuvenís".  

Alexandre Sotelino Losada docente da USC
Alexandre Sotelino Losada docente da USC | Fonte: Alexandre Sotelino

Outra cousa que tampouco estaba prevista era acabar sendo docente no sistema universitario. "Non son académico de berce como moitos compañeiros o meu é máis unha consecución de casualidade que me levaron ata donde estou agora", conta Alexandre.

Este docente da Universidade de Santiago de Compostela está nominado, por cuarta vez, ao Premio a Mellor Docente de España de Abanca e na terceira nominación, en 2021, resultou gañador. Por iso todo o mundo se pregunta cal é o truco no seu método que tanto éxito te. Pero el di que non ten un método único senón que intenta aproveitar e pór en práctica todas as técnias e ferramentas que ten dispoñibles.

"Hai que tentar que a ensinanza respecte os ritmos de cada quen. É chave que o profesor senta empatía co alumno xa que estes tamén viven situacións que poden afectar aos seus ritmos", explica o docente. "Como docentes universitarios ademais de ensinar o programa debemos praparar ao alumnado para que sexan bos profesionais, con capacidade de adaptación e cunha gran responsabilidade co traballo", engade Alexandre.

Por todo isto, Alexandre Sotelino Losada simplifica a súa fórmula segreda para ser un bo docente en catro craves fundamentais, adicación, paixón, empatía e curiosidade. Engade esta última dicindo, "ao final temos que ser curiosos no noso traballo para seguir formándonos e así formar mellor ao alumnado".

EDUCACIÓN PÚBLICA EN GALICIA

Sobre o sistema educativo público galego, o docente explica que ten cousas boas e cousas malas. A boa é a calidade dos profesionais, "están moi ben formados e contan cunha gran adicación", explica. A mala son a falta de recursos e capacidade, "necesitamos máis profesionais e máis variedade destes como poden ser os educadores sociais, máis pedagogos ou mesmo enfermeiras e enfermeiros", demanda Alexandre que acaba por dicir que "con todo, temos un sistema que funciona moi ben grazas ao personal que ten".

Ademais considera que un dos asuntos pendentes neste ámbito educativo público é a conexión entre centros educativos e comunidade. "Hai que abrir os centros para que entre aire novo, que a xente os visite e que haxa personas que conten experiencias ou incluso a súa historia de vida. É algo que se leva falando moitos anos pero non acaba de facerse", lamenta o docente.

SOBRE A SÚA MANEIRA DE ENSINAR

Alexandre fai fincapé en que non segue un método en especial pero si afirma que dende que dá clase, cando se despide dun curso sempre lles di as mesmas dúas frases: "Sempre estou ao vosos dispór" e "Saudademe sempre". Recoñece que lle gusta atoparse con exalumnos e que lle conten o que foron conseguindo nese tempo.

Como resumo, o profesor conta cal é o seu lema na ensinanza e que recolle un pouco a súa maneira de funcionar neste eido: "gozar co que se fai, facer para gozar". O obxetivo non é que só se divirtan senón que os alumnos aprendan máis e mellor e este sea un proceso no que ambas partes se sintan satisfeitas.

CUARTA NOMINACIÓN

Esta cuarta nominación recibea con certa sorpresa, despois de gañar a terceria vez pensou que non habería unha cuarta. "Síntome agradecido e sorprendido pero ilusionado porque ao final son os alumnos os que volven a reparan en ti e dedican tempo en cubrir un formulario para nominarme polo que o traballo vese recoñecido", explica Alexandre.

Agora terá que esperar ata novembro a que saía a lista cos 10 finalistas e se segue nela, en febreiro de 2024 sabrá se contará cun segundo premio na súa lista de recoñecementos pola súa profesión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta