Un empresario pontevedrés acepta unha condena de dous anos de cárcere por estafa en analíticas da auga

Os feitos afectaron a concellos, institucións privadas e establecementos hoteleiros de Pontevedra e A Coruña.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/08/2023 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou, nunha sentenza por conformidade tras aceptar o acusado os feitos, a dous anos de prisión ao responsable dunha empresa de Vilagarcía de Arousa por un delito de falsidade documental, en concurso con outro de estafa, en relación ao control da calidade de auga.

A condena, segundo sostén a sentenza recollida por Europa Press, é para o administrador dunha empresa intermediaria na análise de augas, encargándose da recollida de mostras dos seus clientes e remisión para a súa análise ao laboratorio, que formalizou a denuncia. Unha vez analizados, tiña o encargo de envialo, á súa vez, aos respectivos clientes, entre os que hai concellos, institucións privadas e establecementos hoteleiros de Pontevedra e A Coruña.

FEITOS ENTRE 2015 E 2018

Con todo, o agora condenado, ao longo dos anos entre 2015e 2018, "deixou de enviar ao laboratorio mostras recollidas a numerosos clientes respecto dos que tiña o encargo de mandar analizalas, tratándose de análises relativas ao control da lexionelose, á realización de análise de auga de consumo e de control da calidade de auga de baño de piscinas".

"A pesar do anterior e, co fin de lograr unha aparencia de autenticidade que non se correspondía coa realidade, así como de conseguir enriquecerse ilicitamente, fixo crer aos seus clientes que os informes analíticos foran elaborados polo mencionado laboratorio e, para iso, confeccionou ou mandou confeccionar ao seu cargo, informes", recolle o fallo.

Deles, engade que eran a nome do laboratorio e que "se plasmaba un resultado satisfactorio da análise dos distintos tipos de augas, (moitos deles destinados a consumo humano, outros a instalacións de uso público, piscinas...) as cales, en realidade, nunca foran analizadas". "Deste xeito, os clientes, na errónea crenza de que o encargo fora cumprido satisfactoriamente, abonaron ao acusado distintas cantidades en pago polos seus servizos".

"Con este proceder, o acusado conseguiu e fixo súas nos anos comprendidos entre 2015 e 2018, mediante a entrega dun total de 159 informes a 27 clientes" distintas cantidades, que oscilaban entre os 30 e os 4.500 euros. Agora a sentenza que, é firme, ten en conta a reparación do dano e a confesión tardía.

Análise de augas residuais da Edar de Bens para o estudo do Covid
Análise de augas residuais da Edar de Bens para o estudo do Covid | Fonte: BRUNO AREA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta