A Xunta destina 350.000 euros á promoción do galego en 68 concellos e agrupacións locais

O obxectivo é fomentar a prestación dun servizo lingüístico e promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización do galego este 2023.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2023 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia destina 350.000 euros á promoción do galego en 68 concellos e agrupacións locais a través dunha convocatoria de subvencións ás entidades locais de Galicia para fomentar a prestación dun servizo lingüístico e promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización do galego este 2023.

Con este apoio, segundo explican nun comunicado, as entidades beneficiarias prestarán á poboación servizos lingüísticos baixo algunha das tres modalidades obxecto de subvención: a creación dunha unidade técnica de traballo, o mantemento das xa existentes ou a implantación de programas de dinamización lingüística.

Os concellos ou agrupacións que resulten beneficiarios terán a posibilidade de imputar os gastos derivados das accións normalizadoras que se realicen no período que vai desde o 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2023.

Pola súa banda, o prazo de xustificación das axudas concedidas acaba o 20 de outubro deste ano, polo que, para recibir as contías correspondentes, os beneficiarios deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística, con límite desa data, a documentación xustificativa dos gastos realizados.

A resolución coa listaxe das entidades locais beneficiarias e as contías correspondentes a cada unha, así como a orde da convocatoria das subvencións con toda a información necesaria, pode consultarse no Portal da Lingua Galega.

A convocatoria enmárcase nas accións de promoción do galego desde o ámbito local que desenvolve a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, entre as que destacan a Rede de Dinamización Lingüística, que integra a máis de 200 entidades, e os programas e as iniciativas asociadas a ela.

Correlingua
Correlingua | Fonte: CEIP Parada-Campañó

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta