Adxudicado por 1,5 millóns o contrato para revisar as industrias con autorización de verteduras en Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por máis de 1,5 millóns os traballos de desenvolvemento da actualización do censo de industrias con autorización de verteduras e realización de auditorías nas redes de saneamento e en depuradoras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2023 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por máis de 1,5 millóns os traballos de desenvolvemento da actualización do censo de industrias con autorización de verteduras e realización de auditorías nas redes de saneamento e en depuradoras.

Este contrato, adxudicado á empresa Cuartazona Enxeñaría, dará apoio técnico a Augas de Galicia para revisar o censo de industrias obrigadas a ter autorización de vertedura e para a asistencia aos concellos na elaboración dos permisos.

Os traballos contarán cun prazo de execución de 24 meses e con eles preténdese incrementar a inspección e o control das verteduras industriais e de usuarios non domésticos aos sistemas de saneamento, así como a supervisión e auditoría das redes de saneamento municipais.

"No contrato inclúese a realización das inspeccións e a toma de mostras nas industrias e, no seu caso, o apoio á gardaría fluvial nas súas tarefas. Ademais, prevé a asistencia aos concellos e a Augas de Galicia, tanto loxística como técnica, na realización dos traballos de campo encamiñados á detección e seguimento das verteduras industriais detectadas e das medidas adoptadas polos titulares para emendar o foco e cumprir o regulamento", engadiu a Xunta nun comunicado.

Así mesmo, a compañía adxudicataria tamén realizará as auditorías nas redes de saneamento que solicite Augas de Galicia, entre outros traballos.

Vertedura da mina de San Finx
Vertedura da mina de San Finx | Fonte: Confraría de Noia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta