Comisan 34 quilos de percebe capturado de forma ilegal na costa de Ferrol

As capturas comisadas foron entregadas no Centro Tutelado de Menores da Xunta de Galicia en Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/08/2023 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

A Garda Civil e o Servizo de Gardacostas de Galicia comisaron 34 quilos de percebe na costa de de Ferrol, segundo informa. Foi o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) de Pontedeume, en colaboración co Servizo de Gardacostas, no Pieiro. Os feitos sucederon cando efectivos de ambos os corpos nun servizo de prevención do marisqueo observaron a varias persoas faenando na zona.

Unha vez finalizada a extracción e xa en terra na zona do litoral os efectivos actuantes procederon a dar o alto ao vehículo onde estaba a ser transportada a mercadoría, achando no interior do maleteiro 34 quilogramos de percebe capturado de forma ilegal.

A Garda Civil procedeu á confección de acta denuncia e ao comiso dos 34 quilos de percebe, así como das artes e medios utilizados. As capturas comisadas foron entregadas no Centro Tutelado de Menores da Xunta de Galicia en Ferrol e as artes utilizadas foron depositadas en dependencias de Gardacostas de Galicia.

Percebes incautados en Ferrol
Percebes incautados en Ferrol | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta