O xenocidio galego

O fusilamento na Caeira (Poio) o 17 de agosto 1936, do líder galeguista Alexandre Boveda, foi o inicio do xenocidio en Galicia, polos golpistas fascistas do 18 de xullo.

Por Lois Pérez Leira | Bos Aires | 23/08/2023

Comparte esta noticia
Os militares previamente ao alzamento tiñan premeditado un plan de exterminio  dos militantes da Fronte Popular, para eles contaban coa axuda dos empresarios e a curia e a Falanxe. En Galicia non existiu ningunha guerra. Tan só existiu un día de resistencia na cidade de Vigo, tamén en Tui e algún outro punto de Galicia. Os militar, gardas civís e a falanxe dedicáronse a deter e na maioría dos casos fusilar aos militantes da esquerda. Os que tiñan máis sorte eran sometidos a xuízos sumarísimos amañados, que terminaban na pena de morte, campos de concentración ou cárceres. Outros se converteron en alzados nos montes ou puideron saír de Galicia e exiliarse. Tense contabilizados  5.651 mortos, 5.561 foron homes e 90 mulleres, mentres que dos procesados os homes foron 7.782 e as mulleres 324.
 
En Galicia repetíronse os métodos utilizados polos alemáns contra os xudeus, comunistas, xitanos, homosexuais, no chamado holocausto.  Utilizando a tortura, campos de concentración, traballo forzado e posteriormente a morte.
 
ANTECEDENTES HISTORICOS
 
A denominación de xenocidio cumpre en Galicia todos os requisitos da denominación que fan todos os organismos internacionais despois da segunda guerra mundial. Exterminio ou eliminación sistemática dun grupo social por motivo de raza, de relixión ou de política. Segundo a ONU sometemento intencional do grupo a condicións de existencia que haxan de carrexar a súa destrución física, total ou parcial; Convención para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio. O tratado contra este delito  o 9 de decembro de 1948 di entre outras cousas:
 
O tratado di:  “Adoptada e aberta á firma e ratificación, ou adhesión, pola Asemblea Xeral na súa resolución 260 A (III), do 9 de decembro de 1948 /  Entrada en vigor: 12 de xaneiro de 1951, de conformidade co artigo XIII 
 
  As Partes Contratantes, 
 
  Considerando que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, pola súa resolución 96 (I) do 11 de decembro de 1946, declarou que o xenocidio é un delito de dereito internacional contrario ao espírito e aos fins das Nacións Unidas e que o mundo civilizado condena,
 
  Recoñecendo que en todos os períodos da historia o xenocidio inflixiu grandes perdas á humanidade,
 
  Convencidas de que para liberar á humanidade dun flagelo tan odioso necesítase a cooperación internacional.
 
En Galicia houbo unha planificación de exterminio premeditamente, dun sector da sociedade: neste caso de miles de homes e mulleres simpatizantes da Fronte Popular. Tan só en Vigo centenares de funcionarios deputados, concelleiros foron asasinados. Entre eles:
 
Emilio Martínez Garrido, nacido en Lavadores (Vigo), tiña 50 anos, era o alcalde de Vigo. Era industrial, socialista, tentou manter a tranquilidade na cidade. Non aceptou o ofrecemento da Garda de Asalto nin da CNT para defender o concello e armar voluntarios, porque o comandante da guarnición militar dera a súa palabra de lealdade.
 
Enrique Heraclio Botana, nacido en Mourente, Pontevedra, en 1871, tipógrafo, fundador da UXT e presidente da Agrupación Socialista e da Casa do Pobo de Vigo, director da diario Solidariedade. En 1913 foi concelleiro de Vigo polo PSOE, e deputado por Pontevedra en 1931. Defensor da alianza socialista cos sectores republicanos. As súas últimas palabras foron, «Algún día coñecerase o crime que se comete connosco».
 
Ubaldo Gil Santóstegui, naceu en Vigo en 1879, médico, o primeiro en establecer un gabinete de raios X na cidade en 1913. Membro do PSOE e de UXT, deputado provincial en 1921, elixido alcalde en Vigo en 1931.
 
Ignacio Fernández Seoane, naceu en 1900 en Ribadavia. Era panadeiro, militou en UXT e PSOE. Maceu en Pontevedra en 1894. Era mestre nacional, fundador da Asociación de Traballadores 1936 foi elixido deputado en Pontevedra pola Fronte Popular.
 
Apolinar Torres López, da Educación, e despois sindicalista activo e presidente da FETE e da agrupación socialista de Vigo en 1936.
 
Antonio Bilbatúa Zubeldia, naceu en Sarria, Lugo, en 1894, oficial de telégrafos, militante do PSOE, deputado da Fronte Popular por Pontevedra en 1936.
 
Demetrio Bilbatúa Zubeldia, naceu en Guipúscoa en 1896, mestre nacional, presidente do PSOE de Vigo.
 
Ramón González Brunet, naceu en Vigo en 1886, membro da UXT e do PSOE, funcionario da Casa do Pobo, concelleiro electo en 1931.
 
José Antela Conde, naceu en Teis (Pontevedra), camareiro, militante de UXT e do PSOE, alcalde da poboación pontevedresa de Lavadores, onde houbo resistencia contra o golpe.
 
En 1942 baixo o impulso de Castelao, a Federación de Sociedades Galega da Republica Galega e as Irmandades Galegas, resolven declarar o 17 de agosto día do  fusilamento de Alexandre Boveda “Día a Galicia Mártir”. Aínda que o xenocidio empezase co propio golpe de estado, do 18 de xullo.
 
O asasinato de Alexandre Bóveda simboliza na súa figura, as miles de vítimas que a partir da lei da Memoria Democrática relativamente recoñece os crimes do franquismo. Xa non se pode enganar á sociedade, que en Galicia houbo unha guerra civil, terrorismo de Estado etc.. En Galicia cometéronse delitos de lesa humanidade, como é o Xenocidio, que non prescribe no tempo. Mentres tanto nalgunhas cidades, como Vigo o alcalde segue mantendo símbolos fascistas como a Cruz do Castro e varias rúas lembran aos asasinos do pobo galego.

Millán Astray con Franco durante a Guerra Civil
Millán Astray con Franco durante a Guerra Civil | Fonte: xornalcerto flikcr
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.