Lixeira baixa no nivel dos encoros galegos coa capacidade en torno ao 65%

De acordo cos datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, a reserva hídrica en Galicia baixou 35 hectómetros cúbicos na última semana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2023 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Os encoros galegos baixaron lixeiramente na última semana, pero mantéñense nunha porcentaxe similar ao estar no 64,5% con 2.394 hectómetros cúbicos de auga. Fai sete días, estaban en torno ao 65%. De acordo cos datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, a reserva hídrica en Galicia baixou 35 hectómetros cúbicos na última semana.

Por unha banda, os encoros da conca Miño-Sil conteñen 1.959 hectómetros cúbicos de auga, o que significa que están ao 64,7%, case un punto menos. Con todo, están por encima da media da última década, situada en 1.945 hectómetros cúbicos.

Por outro, as presas de Galicia Costa están ao 63,6% con 435 hectómetros cúbicos. Nunha semana perderon seis, xa que se situaba ao 64,5%. Con todo, a media do últimos dez anos era superior, con 470 hectómetros cúbicos.

Se se observan os datos do Ministerio a nivel estatal, as choivas rexistradas durante a última semana na vertente Atlántica non serviron para aliviar a situación dos encoros que están ao 38,8% da súa capacidade total actual tras perder o 1,1% neste período.

Así, os encoros almacenan actualmente 21.750 hectómetros cúbicos de auga, tras perder na última semana 629 hectómetros cúbicos. A máxima de precipitacións dos últimos días produciuse en Pontevedra con 50,4 litros por metro cadrado (50,4 l/m2).

Vista aérea do encoro de Prada desde a zona Candeda / Agostime - Europa Press  / Europa Press
Vista aérea do encoro de Prada desde a zona Candeda / Agostime - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta