Festas e 'xoubiñas' para os tres nenos saharauís acollidos en Pontevedra no programa 'Vacacións en Paz'

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu este mércores ás tres familias pontevedresas participantes do programa, iniciado xa no ano 1979 e que logra, ano tras ano, que centos de nenos saharauís gocen dunhas vacacións lonxe das altas temperaturas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 23/08/2023 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu este mércores ás tres familias pontevedresas participantes do programa 'Vacacións en Paz', que acollen a outros tantos nenos saharauís durante estes días. O programa é un proxecto de integración social nacido xa no ano 1979, que logra, ano tras ano, que centos de nenos saharauís gocen dunhas vacacións en Galicia.

Nesta ocasión, os nenos que están a pasar as súas vacacións de verán en terras pontevedresas están a gozar dunha maneira especial das festas da cidade e das "xoubiñas", prato estrela para un deles, tal e como lle confesou ao rexedor da cidade do Lérez.

Dous dos nenos repiten por segundo ano consecutivo, mentres o terceiro é o primeiro ano que visita Pontevedra. Os tres mostraron a súa alegría polo agarimo recibido e pola oportunidade de pasar un verán distinto, lonxe das altas temperaturas que se chegan a alcanzar nesta época do ano no seu territorio. Ademais, vense beneficiados dun intercambio cultural e dunha aprendizaxe positiva para o seu crecemento persoal.

Crianzas saharauís
Crianzas saharauís | Fonte: mrnmagazine.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta