O pasado luns, a conselleira de Política Social, Fabiola García, reclamaba ao Concello de Pontevedra "que axilice o máximo posible" A licenza para a construción da segunda residencia pública de maiores do municipio. Trátase do proxecto que xestionará a Xunta e que financiará, construirá e equipará a Fundación Amancio Ortega.