A XXII Feira Franca de Pontevedra estará dedicada aos números

A tres días de que arrinque a Feira Franca "está xa case todo listo e no seu sitio", indicou o rexedor.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2023 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

A cidade de Pontevedra regresará á Idade Media a partir deste venres, 1 de setembro, coa celebración da XXII Feira Franca.Pregoeiros dacabalo sairán ás 19,00 horas para anunciar por prazas e rúas do centro histórico esta nova edición e, ás 22 horas, na Praza da Ferrería, terá lugar o espectáculo 'Os números', a cargo da compañía Pablo Méndez Performance.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, reiterou este martes nunha rolda de prensa que o Concello de Pontevedra "cre que vai ser unha edición de marca" desta festa declara de interese turísico galego. A tres días de que arrinque a Feira Franca "está xa case todo listo e no seu sitio", indicou o rexedor.

Durante estas xornadas previas máis de 50 persoas están a traballar na instalación e preparación de todos os elementos, pero durante a Feira Franca serán máis de 500 as persoas que se ocupen de crear a ambientación.

Lores subliñou a alta participación coa que conta a festa ano tras ano, sendo "sentida por toda a veciñanza pontevedresa", lembrando, ademais, que todas as empresas que traballan na súa realización son empresas locais ou galegas.

ARTISTA DO CIRCO DO SOL

Neste sentido, o alcalde compareceu este martes acompañado de Pablo Méndez, responsable de Pablo Méndez Performance, que é a compañía encargada da creación e posta en marcha do espectáculo de presentación do venres, que avanza que será "incrible".

"É unha empresa da que debemos sentirnos orgullosos na cidade", dixo Lores, tras lembrar que esta compañía "traballou en todos os continentes excepto Oceanía, e fai máis de mil espectáculos ao ano".

Méndez explicou que prepararon unha montaxe "completamente distinta" ao do ano pasado no que contarán cun artista que traballou co Circo do Sol, que virá facer un número dentro deste espectáculo. "Será un espectáculo digno do evento e que volverá sorprender", garantiu.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto a membros do seu equipo de goberno na Feira Franca de Pontevedra, tras dous anos de parón pola pandemia
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto a membros do seu equipo de goberno na Feira Franca de Pontevedra, tras dous anos de parón pola pandemia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta