O bispado de Tui "pasivo" ante as demandas da reitrada da simboloxía franquita das súas igrexas

A asociación Lucenza-Ateneo de Nigrán denuncia que se está a imcumplir a recente Lei de Memoria Democrática e pide unha rápida retirada para acabar co "agravio permanente ás vitimas da represión".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/08/2023 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

Lucenza - Ateneo de Nigrán remitiu ao Bispado de Tui - Vigo e ao Concello de Nigrán dúas instancias nas que se demanda a retirada da simboloxía franquista existente no municipio de Nigrán. A asociación ten inventariadas nove inscricións franquistas  distribuídas por todo o municipio, en sete edificacións de titularidade da Diócese e dúas construcións de titularidade municipal.

Simboloxía Franquista en Nigrán
Simboloxía Franquista en Nigrán | Fonte: Lucenza - Ateneo de Nigrán

Estas inscricións están colocadas principalmente nos muros exteriores de todas as igrexas parroquiais, figurando nelas o nome do dirixente falanxista José Antonio Primo de Rivera e mesmo nalgún caso o símbolo fascista do xugo e as frechas, ademais de referencias  aos “caídos na Cruzada de 1936 a 1939” e o “Ano da Vitoria”, o que supón un claro enaltecemento do bando franquista. Pola súa banda, existen tamén nas parroquias de Camos e Panxón símbolos falanxistas situados en lavadoiros e fontes de titularidade municipal.

Para Lucenza, todas estas inscricións e símbolos son elementos contrarios á memoria democrática e supoñen un agravio permanente ás vítimas da represión exercida na comarca polos golpistas do 36 e polo réxime da ditadura franquista.

No burofax enviado recentemento por parte de Lucenza á Diócese de Tui-Vigo, un ano despois dunha anterior carta enviada polo Ateneo ao Bispo D. Luis Quinteiro Fiuza, solicitándolle colaboración para a retirada dos símbolos franquistas colocados nas igrexas parroquiais do municipio, critícase a pasividade manifestada polo Bispado ao respecto e a falta de compromiso democrático que isto supón.

E por iso que agora, ao abeiro da recente Lei de Memoria Democrática, Lucenza insta ao Bispado e ao Concello de Nigrán a unha rápida retirada de dita simboloxía en cumprimento da normativa vixente, para así poder avanzar na superación progresiva desta páxina negra da Historia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta