A gordofobia, as crises alimentarias e o teatro galego, entre as próximas actividades do CCG

O Consello da Cultura Galega (CCG) prepara a súa volta tras o parón do verán con actividades que abordan desde a discriminación que subxace baixo a gordofobia, ata as crises alimentarias, pasando por unha revisión sobre o teatro galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2023 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega (CCG) prepara a súa volta tras o parón do verán con actividades que abordan desde a discriminación que subxace baixo a gordofobia, ata as crises alimentarias, pasando por unha revisión sobre o teatro galego.

A primeira das actividades, segundo explican nun comunicado, arrinca este venres coa xa habitual colaboración que o CCGG organiza coa Fundación Pondal para o Festiletras. O luns 4 de setembro ábrese a inscrición de todas as actividades. Este fin de semana arrinca a actividade do CCG coa colaboración en dous certames. O primeiro deles é o Festiletras, co que o CCG leva colaborando en varias edicións e que nesta ocasión leva ata a Aldea do Couto o espectáculo 'Circo Galaico' de Monicreques Alakrán.

O segundo son as V Xornadas Etnográficas do Morrazo, que conclúen o domingo 3 cunha sesión na que se proxectarán tres capítulos de 'Axudádeme a cantar', serie promovida polo CCG que pon en valor o canto tradicional con percusión de man. Unha das directoras do proxecto, Renée De Palma, asiste á proxección e coloquio do proxecto.

Doutra banda, o próximo 21 de setembro retómase tamén o foro 'Pensar o mundo dende Galicia', co que a institución celebra o seu 40 aniversario, cunha sesión coordinada por María Loureiro na que se fala dos límites planetarios e das crises alimenticias. José María Sumpsi, exdirector de Política Alimentaria da FAO e Adrián Escudero, catedrático de ecoloxía da Universidade Rei Juan Carlos, analizarán o impacto do cambio global na agricultura e nas posibles crises de alimentos. 

Obesidade infantil
Obesidade infantil | Fonte: GaúzchaCx

María José Agra e Emilio Rafael Díaz Varela, da USC, xunto a Enrique Banet e Mabel Rivera da Fundación Galicia Verde profundarán nestes cambios desde o punto de vista galego. A vulneración dos dereitos das persoas que sofren discriminación polo seu aspecto físico subxace no fondo da actividade que o CCG e a Valedora do Pobo desenvolverán o 22 de setembro. Profundarase así no dano dos prexuízos estéticos corporais e cara a "unha vida saudable máis aló das modas ou os estereotipos patriarcales de beleza". Nela participarán Covadonga D'lom, autora de Curvy, o primeiro cómic sobre a beleza con curvas, a nutricionista Rocío Portal, a psicóloga Lucía Trigo e a actriz Teté Delgado.

En setembro regresa tamén o ciclo 'Pensarmos', promovido pola Sección de Pensamento e que busca reflexionar neste 2023 sobre a calidade da democracia. Nesta ocasión, será Xosé Ramón Veiga o que reflexionará sobre o tema a partir da análise dun período concreto da historia. A xornada leva por título 'O máis difícil é aceptar a derrota: Pluralismo político, participación e democracia non século XIX'.

O mes finalizará en Allariz, o día 30, cunha xornada desenvolvida coa Fundación Risco. 'Do Bufón d'o Rei ata O Porco de pé. Teatro galego en perspectiva' e nela abórdase o teatro galego desde o punto de vista da escena. A sesión pretende analizar desde o esforzo da xente do Grupo Nós por crear un teatro galego en galego para normalizar a cultura do país (Risco, Castelao, Otero, Cabanillas), ata as fontes de creación actual así como a súa proxección cara ao futuro. A xornada está coordinada por Nate Borrajo e Xosé Rodríguez Díaz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta