Temas: IMAXE

Obxectivo : Marta Lado

Marta Lado é unha das actrices galegas máis versátiles para retratar...simpática, guapa e con ganas de comer o mundo. Traballou de cómica en locais de toda Galica e programas da TVG. Agora coñecémola como "Begoña" na serie O Faro, recordarémola tamén de Quen Toca, A Casa da conexa, e Vilamor, é guionista na webserie Dalle Jas!! Que esta facendo estrago e ten actores que van dar moito que falar no mellor dos sentidos.

Por Sue Rainbow | Santiago de Compostela | 05/05/2015 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

Traballas de actriz en O Faro, de guionista en Dalle Jas!!, que é o seguinte?

Marta Lado por Sue Rainbow www.suerainbow.es
Marta Lado por Sue Rainbow www.suerainbow.es

¡Pois o que veña será benvido! Gústame facer de todo e andar sempre probando cousas novas pero a verdade é que me encantaría facer teatro. Nestes días estou ensaiando unha función para un só día con IlMaquinario e o certo é que me está levando a ter máis “mono” do que xa tiña.

Con que director español che gustaría traballar?

Gustaríame moito ter a oportunidade de traballar con directores que filmen os seus propios guións e poder aprender un pouquiño das dúas facetas. Para poder elixir un só director seguramente tería que escoller tamén un xénero e iso, para min, xa é imposible. En teatro supoño que con Miguel del Arco. En cine, sería unha pasada de ter a oportunidade de coñecer a Daniel Monzón…Sánchez Arévalo..¡David Trueba! Ou en Galicia cos revolucionarios do Novo Cinema Galego…Coira, Zarauza… non sei ¡con todos! Supoño que postos a soñar, escollería ter unha máquina do tempo e poder ter coñecido a Berlanga.

Cal é o papel que aínda non interpretaches e que desexas máis que ningún?

Marta Lado por Sue Rainbow www.suerainbow.es
Marta Lado por Sue Rainbow www.suerainbow.es

O próximo

A túa meta máis ambiciosa profesionalmente?

Vivir do que me gusta. Sei que soa a tópico pero é certo que sempre foi a miña aspiración. Nunca fun dada a proxectarme recollendo premios, ou traballando en superproducións, pero si a imaxinarme máis vella nun escenario, a pensar nos personaxes que podería interpretar… E día a día comprobo que non é unha meta modesta.

Dirías que ser guap@ no mundo do cine e tv axuda a ter éxito e, en que medida?

Creo que, no que se refire exclusivamente ó físico, o que axuda é ser singular. Ter algo que te diferencie, xa sexa unha mirada que transmite, unhas faccións peculiares, un sorriso fermoso… Por outra banda, tanto en televisión como en cine, para determinados papeis non é que axude ser guapo ou guapa senón que cada vez se volve máis condición indispensable, penso.

Un día perfecto na vida de Marta Lado?

Un no que haxa moitas risas

Cal é o teu plan B?

Nunca teño plan B, pero improviso moito

A  tolería máis grande que che gustaría facer nos premios Mestre Mateo?

Primeiro tería que ir, e despois…son moi tímida para facer tolerías ante multitudes. A pallasa sáeme só en confianza.

O teu rincón favorito de Galicia?

A praia do Rostro

Es super versátil e camaleónica, tes feito desde monólogos ata cine, teatro e tv, pasando por guionista. Pero con que quedarías?

Gústanme as historias, contalas, inventalas, velas… non me podo quedar cunha cousa porque para min é todo o mesmo. Algunhas préstanse máis a contarse nunha linguaxe e outras noutra pero todo son contos. Para interpretar sempre fará falta ocasión, equipo, ¡que o universo se poña de acordo! Para escribir, un lápiz. ¡Ás veces nin iso! Cando de pequena miña nai me obrigaba a apagar a luz seguía imaxinando como continuaría o libro ata que quedaba durmida.

Web http://www.pedrohermosilla.com/index.php/actrices/Marta-Lado

Fotos e entrevista por  www.suerainbow.es

Agradecimentos:  Foto Estudio Santamarina, Doutor Maceira, 24. Santiago de Compostela

Marta Lado por Sue Rainbow www.suerainbow.es
Marta Lado por Sue Rainbow www.suerainbow.es
Temas: IMAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta