Bombeiros comarcais denuncian que para protexer Inditex pechouse "inxustificadamente" o parque de Ribeira

Critican o traslado forzoso de efectivos a Arteixo. Por outra banda, o persoal do servizo de extinción de incendios recolleu case 700 firmas para reclamar á Xunta "un convenio xeral"

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/09/2023 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

O comité de folga autonómica e a mesa intersindical de bombeiros de Galicia trasladou este venres a súa "indignación" ante o "peche inxustificado" do parque comarcal de Ribeira na xornada do xoves para poder garantir os servizos "ás portas do complexo industrial de Inditex", no parque de bombeiros de Arteixo.

A través dun comunicado, lembraron que o decreto de servizos mínimos do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña "esixe que un número determinado de efectivos permanezan de quenda as 24 horas do día en todos os seus parques de bombeiros", e estes efectivos prestan estes servizos mínimos "nos seus respectivos centros de traballo".

O parque de Ribeira dá servizo aos municipios de Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Porto do Son, que quedan sen cubrir ao pecharse as instalacións e enviar un efectivo a Arteixo, onde unha baixa impedía cumprir o cociente de servizos mínimos. "Con esta actitude, o Consorcio de Bombeiros da provincia coruñesa está a empuxar aos traballadores para que comecen a secundar o seu dereito á folga, evitando así calquera servizo prestado fóra dos servizos mínimos propios de cada parque", advertiron.

Os sindicatos volveu a lembrar que os múltiples peches de parques comarcais que houbo ata agora non se poden atribuír á folga autonómica, senón a "a falta de capacidade para prestar o servizo por parte das administracións responsables". Ademais, denunciaron un "clasismo social" no referente á prestación do servizo, porque o Consorcio "está a marcar que cidadáns merecen dispor dun servizo mínimo e que cidadáns poden prescindir del".

O comité de folga e a mesa intersindical esixiu que non se prive á cidadanía deste servizo esencial e que "se dimensione adecuadamente" para que todos os galegos poidan dispor dun servizo cunhas garantías mínimas de seguridade. Finalmente, reclamaron ao Consorcio da Coruña que se tome "en serio" a prestación do servizo "sen antepor a protección de certos 'lobbies' do téxtil á seguridade das persoas e os seus bens".

Protesta de bombeiros comarcais en Santiago
Protesta de bombeiros comarcais en Santiago

SINATURAS

Por outra banda, o persoal do servizo de extinción de incendios recolleu case 700 firmas para reclamar á Xunta "un convenio xeral" de todos os traballadores --laborais e funcionarios-- en toda Galicia. En declaracións aos medios, antes de entregar esas rubricas no rexistro autonómico, a responsable da asesoría xurídica da CIG-Administración Autonómica, Aser Tobío, detallou que "levan tempo reclamando" que o persoal do servizo de incendios "ten que ter un acordo de condicións".


Así, explicou que actualmente hai un convenio que "está moi coartado" por diferentes cuestións, entre as que remarcou a lei de medidas implantada que "recortou dereitos de compensación" en domingos e festivos.

A maiores, explicou que houbo un proceso de funcionalización polo cal parte do persoal que xa estaba como laboral e pasou a ser persoal funcionario e "non ten un acordo" de condicións especificas. "Está nun limbo", lamentou.

Ademais, fixo referencia ao persoal que contrataron para as brigadas helitrasportadas que está "sen ningunha condición pactada con anterioridade". Desta forma, o que provoca, segundo detallou Tobío, é que as bases que hai en Galicia teñan condicións diferentes de horarios, libranzas distintas polo que remarcou que "é unha cuestión urxente" unha unificación das condicións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta