O Festival Revenidas encamiña a fin de semana con interesantes propostas

Chégase á segunda xornada do festival e polos escenarios de Vilaxoán pasarán Tropa do Carallo (o novo grupo de Evaristo Páramos), Rebeliom do Inframundo, La Regadera, Sheila Patricia e La Duendeneta

Por Galicia Confidencial | Vilaxoán | 08/09/2023 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

O Festival Revenidas comezou con forza o xoves nunha edición na que participan máis de 30 grupos e que sitúa un ano máis a Vilaxoán como unha das citas musicais e culturais máis esperadas e destacadas do verán en Galicia.

Revenidas (2022). Foto cedida pola organización do festival.
Revenidas (2022). Foto cedida pola organización do festival.

Para este venres 8 de setembro, e collendo forza para a fin de semana, o Revenidas presenta un feixe de propostas interesantes para as que aínda queda algunha entrada: Zoo, Los Chikos del Maíz, Tropa de Carallo, La Regadera, Rebeliom do Inframundo, Zetak, Fillas de Cassandra e Sheila Patricia.

"Vai chegar un momento no que o Revenidas non sen entenda sen Zoo e no que tampouco sexa doado entender a Zoo sen a súa conexión galega co Revenidas", din dende a organización coa satisfacción de ter aos valencianos nesta edición tralo apoteósico concerto que ofreceron no 2022.

Zoo é unha das principais atraccións do cartel deste venres, pero tamén de Valencia chegan Los Chikos del Maíz.  Dende Euskadi, Tropa do Carallo, a nova banda de Evaristo Páramos, quen fora o líder de La Polla Records e Gatillazo; dende Castela e León La Regadera; e dende Galicia Rebeliom do Inframundo.

Xunto aos ateriores, e case que despertando tanta admiración, están figuras emerxentes da escena vasca como Zetak e da galega como as xa consagradas Fillas de Cassandra e Sheila Patricia.

Como complemento indispensable e aglutinador á completa sesión de concertos o público poderá gozar das boas seleccións de Carlos Crespo dende La Duendeneta.

BUSES LANZADEIRA

O Revenidas habilitou este ano un servizo de buses lanzadeira rotatorio que conectará o recinto de festival (a saída estará na billeteira) coas zonas de acampadas no Rial e na Pelada. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta