Albares, sobre a compra do 9 % de Telefónica por un grupo saudita: "Os intereses estratéxicos de España están protexidos"

Este martes, o grupo anunciaba a compra de algo menos do 10 % do accionariado da compañía española por 2.100 millóns de euros. Dado a recente da noticia, sinalou Albares este xoves na inauguración en Lugo da Conferencia de Alto Nivel sobre Envellecemento, é "pronto" para entrar a facer valoracións, aínda que si indicou que "se está analizando" a operación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2023 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, evitou emitir unha valoración sobre a compra do 9,9 % de Telefónica por parte de STC Group, principal operador de telecomunicacións de Arabia Saudita, pero asegurou que "os intereses estratéxicos de España estarán sempre protexidos".

Este martes, o grupo anunciaba a compra de algo menos do 10 % do accionariado da compañía española por 2.100 millóns de euros. Dado a recente da noticia, sinalou Albares este xoves na inauguración en Lugo da Conferencia de Alto Nivel sobre Envellecemento, é "pronto" para entrar a facer valoracións, aínda que si indicou que "se está analizando" a operación.

"Pero os españois poden estar moi tranquilos. O Goberno de España vai velar, como o fai sempre, polos intereses estratéxicos de España e polos intereses das empresas estratéxicas españolas (como Telefónica). Os intereses estratéxicos españois estarán sempre protexidos, defendidos e impulsados por este goberno", aseverou.

Logo de Telefónica
Logo de Telefónica | Fonte: TELEFÓNICA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta