En marcha a contratación dun espectáculo de danza coproducido co Centro Coreográfico Galego

A Xunta de Galicia acaba de pór en marcha o proceso para a contratación da creación artística dun espectáculo de danza e artes do movemento de gran formato.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2023 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia acaba de pór en marcha o proceso para a contratación da creación artística dun espectáculo de danza e artes do movemento de gran formato. Será en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego, segundo informa a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, que destina 60.000 euros para a execución deste contrato.

Sobre o mesmo, o departamento autonómico explica que os seus obxectivos "entroncan" coas liñas estratéxicas definidas no seu Plan Integral para a Danza de Galicia. En concreto, a licitación que a Axencia Galega das Industrias Culturais publicou hoxe na plataforma de Contratos de Galicia busca, entre outras cuestións, ampliar o campo de acción do Centro Coreográfico.

Danza
Danza | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta