Aberto un libro de condolencias no Museo do Pobo Galego na memoria de Dorothé Schubarth

Ademais, completarase cunha dirección de correo electrónico, apoi@museodopobo.gal, onde recibirán as mensaxes de quen non poida achegarse fisicamente a deixalos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2023 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O Museo do Pobo Galego instalou un libro de condolencias na memoria de Dorothé Schubarth, patroa de honra da entidade, que faleceu este venres en Basel, Suíza.

A institución explicou, que Dorothé, autora xunto con Antón Santamarina do Cancioneiro da Música Popular de Galicia editado pola Fundación Barrié, fixo durante anos "un inxente e marabilloso" traballo relacionado coa recollida e custodia, análise e difusión do patrimonio musical tradicional galego.

Así, ela depositou no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo as cintas orixinais dos seus recolleitos por toda Galicia. Tamén deixou os seus cadernos de campos, fotografías, relatos de viaxe e sobre todo "un exemplo de traballo, de tesón, de amor pola música galega e por Galicia".

Desta forma, o libro de condolencias está instalado na entrada do Museo e está accesible en horario de apertura durante estes días.

Ademais, completarase cunha dirección de correo electrónico, apoi@museodopobo.gal, onde recibirán as mensaxes de quen non poida achegarse fisicamente a deixalos. Finalmente, reunirán os documentos recibidos e farán público.

Dorothé Schubarth. MUSEO DO POBO GALEGO
Dorothé Schubarth. MUSEO DO POBO GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta