A alcaldesa de Santiago ve a cidade "perfectamente preparada" para a reunión de Ecofin esta semana

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, ve a capital galega "perfectamente preparada" desde o punto de vista da seguridade e da mobilidade para afrontar a reunión informal do Consello de Economía e Finanzas (Ecofin), que terá lugar esta semana, os días 15 e 16 de setembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2023 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, ve a capital galega "perfectamente preparada" desde o punto de vista da seguridade e da mobilidade para afrontar a reunión informal do Consello de Economía e Finanzas (Ecofin), que terá lugar esta semana, os días 15 e 16 de setembro.

O encontro deste órgano, encargado de política económica, cuestións fiscais e regulamentación dos servizos financeiros no ámbito europeo, prodúcese no marco do período no que España ostenta a Presidencia rotatoria da UE.

Segundo trasladou a titular do goberno local, tras manter reunións co foco nesta cita para abordar os preparativos, a coordinación é "completa" entre Policía Nacional, Garda Civil, e Policía Local, polo que a cidade está "perfectamente preparada" e confía en que a cita transcorra "sen ningunha incidencia".

Igualmente, incidiu en que "o 90 % das actividades vanse a desenvolver na Cidade da Cultura", polo que o centro "quedará máis libre" fóra dalgún acto puntual. En canto á mobilidade, apuntou que espera que, tras os últimos pasos dados, queden tamén liquidadas, as dificultades no ámbito dos taxis na cidade.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, en rolda de prensa
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, en rolda de prensa | Fonte: E.P. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta