O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia duplica os seus cursos e prazas durante 2023-24

Búscase apostar pola formación de talento de calidade para o sector TIC, cun incremento da variedade da oferta formativa ao redor das tecnoloxías máis demandadas no campo de ciberseguridade ou da intelixencia artificial. Desde o ano 2009 formáronse no CNTG máis de 10.000 persoas, 619 delas no último ano (traballan en 200 empresas galegas).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2023 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia duplicará en 2023-24 os seus cursos (113 fronte a 47 de 2022-23), as prazas ofertadas (2.268 fronte a 1.000) e os seus seminarios (94 fronte a 41).

Diso informou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, este martes, nun acto no que destacou que esta entidade de "prestixio" é "referente na creación de emprego de calidade coa consecuente achega de benestar aos galegos e galegas". Deste xeito, o Goberno galego cuadriplica o seu orzamento para este centro, que será de 2 millóns de euros.

Con estas actuacións búscase apostar pola formación de talento de calidade para o sector TIC, cun incremento da variedade da oferta formativa ao redor das tecnoloxías máis demandadas no campo de ciberseguridade ou da intelixencia artificial. Desde o ano 2009 formáronse no CNTG máis de 10.000 persoas, 619 delas no último ano (traballan en 200 empresas galegas).

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presidirá o acto de presentación do programa formativo do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia 2023-2024
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presidirá o acto de presentación do programa formativo do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia 2023-2024 | Fonte: CONCHI PAZ - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta