A "avanzada" Suecia dubida da incorporación do catalán, o galego e o euskera como linguas da UE

"Hai moitas linguas minoritarias que non son oficiais dentro da UE", afirma o Goberno sueco

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/09/2023 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

O Goberno de Suecia recoñeceu este mércores que ten dúbidas en canto á incorporación do catalán, o eúscaro e o galego como linguas oficiais dentro da UE e, aínda que aínda non tomou unha posición final, sinalou que estudará os efectos orzamentarios e de funcionamento que implicaría esta iniciativa.

O Executivo sueco está "indeciso" en canto á posibilidade de modificar o Regulamento número 1, no que se recollen cales son os idiomas oficiais da UE, segundo a ministra de Asuntos Europeos, Jessika Roswall. Estocolmo quere examinar "máis a fondo" cales son as consecuencias "legais e finacieras" da proposta", se Roswall xa apuntou que "hai moitas linguas minoritarias que non son oficiais dentro da UE".

O Goberno español solicitou a mediados de agosto ao Consello que o catalán, o euskera e o galego se incorporarsen ao regulamento que regula o réxime lingüístico, que data de 1958 e conta con 24 linguas oficiais. Calquera cambio require da unanimidade dos Vinte e sete, polo que non pode saír adiante se un só Estado membro se opón.

España, en tanto que presidencia de quenda da UE, incluíu o asunto na axenda do próximo Consello de ministros de Asuntos Xerais, que se celebra o vindeiro martes 19, coa intención de que haxa un debate e unha eventual votación.

Con todo, distintas fontes diplomáticas consultadas por Europa Press consideran prematuro dar por feito que haxa decisión a Vinte e sete porque varios socios teñen dúbidas sobre o custo da medida e o modo en que poida afectar a outras linguas minoritarias na UE.

Bandeiras da UE na sede da Comisión Europea en Bruxelas
Bandeiras da UE na sede da Comisión Europea en Bruxelas | Fonte: Alexey Vitvisky

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta