Alcalde merca un crocodilo para ter máis ‘mordidas’

A crise leva aos alcaldes a ser imaxinativos para manter o nivel de ‘mordidas’. As loitas por ver quen son os máis creativos parecen deparar grandes momentos nos próximos comicios.

Por GcToday | Galiza | 14/05/2015 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

A crise do ladrillo e o conseguinte pinchazo da burbulla inmobiliaria baixou o nivel de renta de moitos alcaldes. O nivel de construción retrocedeu a niveis dos anos oitenta e isto provoca que o nivel de ingresos ao que estaban acostumados algúns alcaldes non se recuperen pola crise.

Os psicólogos xa estudiaron o tema e, segundo se desprende dos estudos presentados, hai alcaldes que teñen síndrome de abstinencia ao non chegarlle os cheques a casa coa periodicidade precisa. ‘Moitos teñen vómitos e diarrea’, afirman os psicólogos que realizaron o estudo. ‘A ansiedade que sufren aumenta a medida que se achegan as eleccións municipais é moi grande co que o problema para esta pobre xente é dobre’, engaden.

Onte transcendeu a noticia de que un alcalde mercara un crocodilo para ter máis mordidas. Non trascendeu o nome pero fontes próximas aseguraron que ‘El alcalde lo está pasando muy mal. Ya casi no hay mordidas por lo que le compramos este cocodrilo para que por lo menos tenga una de vez en cuando’.

A oposición e grupos de veciños tampouco ven mal que o alcalde mercara o reptil. Algún incluso se amosaba entusiasmado, ‘A ver se lle mete un bo mordisco nos collóns’, exclamou.

crocodilo

Constructor mirando se pode igualar a ‘mordida’ do crocodilo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Carlosla

2 Carlosla

1 eusi

E como farán os PPaifocos? Telo cada un unha temporadiña?