O operativo antidroga dirixido desde Cangas culmina con 15 detidos, 8 en prisión, e incautación de haxix, cocaína, MDMA e marihuana
A rede criminal tiña a droga almacenada en varios puntos da provincia e contactos no sur da Península. Foron intervidos 340,8 quilos de haxix, 4 quilos de cocaína, medio quilo de MDMA ('éxtase'), unhas 2.000 plantas de marihuana, 50 quilos de sustancia de corte, dúas carabinas de aire comprimido, un silenciador, munición de varios calibres, teléfonos móbiles e equipos informáticos. Os axentes tamén se incautaron de 505.485 euros en metálico.
Por Europa Press / Redacción | VIGO | 15/09/2023 | Actualizada ás 14:56