A Xunta reorientará o Igape para reducir a burocracia nas empresas

Por E.P. | A CORUÑA | 15/09/2023 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, manifestou este venres que a Xunta de Galicia terá como "máxima prioridade" a redución da burocracia e a celeridade na tramitación administrativa para dinamizar a actividade empresarial e captar novos proxectos industriais.

"Galicia ten que ser a opción fronte a outras comunidades e países", salientou durante a súa intervención nun almorzo-coloquio organizado polo Nordés Club Empresarial.

Nel, Lorenzana referiuse a a política de apoio que a administración autonómica, dixo, quere dar ao tecido empresarial e que pasa "por liquidar as dificultades que se atopan l as empresas cos tempos de tramitación e as múltiples xanelas ás que se teñen que dirixir".

Segundo adiantou, isto vai supor repotenciar o papel do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Tamén expuxo que a Xunta vai elaborar un mapa industrial de Galicia a partir de plans directores por sectores que se van a realizar para avaliar a situación actual e identificar sinerxías entre eles.

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participa nun coloquio do club Nordés
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participa nun coloquio do club Nordés | Fonte: MONCHO FONTES

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta