Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2023 | Actualizada ás 18:53
Un total de 26 concellos de Galicia gañaron o diploma de ouro no marco do programa 'Praias sen Fume' da Xunta, ao que este ano se incorporan Cabanas e Oleiros tras declarar todos os seus areais libres de fume.
Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nun acto no concello coruñés de Ponteceso, que remarcou o compromiso dos concellos que se fixeron co ouro ao incluír todas as súas praias na Rede á que este ano se suman Cabanas e Oleiros.
Os 26 concellos recoñecidos con esta distinción son o a provincia da Coruña, Bergondo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Cedeira, Corcubión, Dumbría, Laxe, Mañón, Noia, Oleiros, Ponteceso, Pontedeume, Rianxo e Valdoviño.
No que respecta á provincia de Lugo son Cervo e Barreiros. Na de Pontevedra os concellos que conseguiron este galardón son A Guarda, Baiona, Cerdedo-Cotobade, Ponteareas, Ponte Caldelas, Redondela, Sanxenxo, Tui e Vilaboa.
Esta iniciativa comezou no 2016 cun obxectivo educativo e de sensibilización social. Así, Comesaña lembrou que empezaron 26 praias e actualmente xa son 224 os areais galegos libres de fume.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.