Achan restos e casquillos de bala na fosa na que se busca a tres persoas asasinadas por pistoleiros franquistas en Bértoa

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica ten contacto con tres das familias pero leva tempo tratando de localizar algún achegado de Pedro Pinilla Calvete ou de Pedro Pinilla Fraga, para que poidan asistir á exhumación e se lles tomen mostras de ADN para unha posible identificación xenética dos restos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/09/2023 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

Os arqueólogos que dirixen a exhumación dunha fosa común da Guerra Civil no Cemiterio de Bértoa, en Carballo, acharon os primeiros restos e evidencias de violencia, como un casquillo de bala. Diso informou a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, que explica que o lugar no que se produciu o achado fora sinalado por unha veciña. Alí espéranse atopar os restos de catro persoas asasinadas por pistoleiros franquistas: Francisco Miguel Fernández Díaz, Juan Boedo Pardo, de Pedro Pinilla Calvete e o seu pai Pedro Pinilla Fraga.

Nun comunicado, a asociación explica que varios familiares que estaban presentes no momento do achado recibiron con emoción o encontro despois de dous días nos que non aparecían probas. Os traballos de exhumación están dirixidos polo arqueólogo Serxio Castro, que rebaixa o chan para poder seguir traballando á mesma altura á que se acharon estas primeiras evidencias.

A ARMH ten contacto con tres das familias pero leva tempo tratando de localizar algún achegado de Pedro Pinilla Calvete ou de Pedro Pinilla Fraga, para que poidan asistir á exhumación e se lles tomen mostras de ADN para unha posible identificación xenética dos restos.

Achan restos e casquillos de bala na fosa na que se busca a tres represaliados en Bértoa, Carballo
Achan restos e casquillos de bala na fosa na que se busca a tres represaliados en Bértoa, Carballo | Fonte: ARMH

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta