A falta de confirmación coas probas de ADN, non se correspondería co veciño cuxo cranio foi atopado hai semanas.
  comenta   0
O 50 % das persoas maiores de 65 anos van a desenvolver un ou máis cancros de pel. Na sociedade actual, o 61 % da xente cre que estar moreno é bo, é atractivo e por iso acoden tanto á praia no verán como ás cabinas de bronceado, cuxo uso sistemático antes dos 30 anos multiplica por seis o risco de melanoma na idade adulta.
  comenta   0
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica ten contacto con tres das familias pero leva tempo tratando de localizar algún achegado de Pedro Pinilla Calvete ou de Pedro Pinilla Fraga, para que poidan asistir á exhumación e se lles tomen mostras de ADN para unha posible identificación xenética dos restos.
  comenta   0
'Sensoxenoma', un estudo do IDIS en colaboración coa USC revela que ante o estímulo da música os xenes de pacientes con enfermidades neurodexenerativas se sobreexpresan, e fano no sentido contrario ao da enfermidade, o que supón unha especie de efecto compensatorio.
  comenta   0
A ministra de Xustiza en funcións, Pilar Llop, explicou que este sistema permitirá "integrar perfís de ADN de múltiples laboratorios e realizar procuras sistemáticas con restos postmortem procedentes da exhumación de fosas comúns das persoas desaparecidas para axudar así na identificación".
  comenta   0
“O nacionalismo galego é a negación mesma do espírito conquistador pois representa a renuncia á grande patria forte. O seu obxecto é acender o patriotismo para que sexa unha forza criadora de cultura e cidadanía dentro do noso territorio".
  comenta   1
Feijóo e Yolanda Díaz elixen a súa terra para iniciar a campaña electoral. El presumiu da Galicia rural e ela da Galicia emigrante. Os dirixentes galegos tamén acaban nesa marea da política que chega desde Madrid. Rueda destaca a experiencia de Feijóo en Galicia, mentres Formoso critica o seu legado e Pontón asegura que só o BNG pode levar a voz galega a Madrid.
  comenta   0
Os candidatos do PP ás alcaldías reuníronse este domingo co obxectivo de tinguir o mapa de España de "azul" e ensinarlle a Sánchez "a porta de saída"
  comenta   0
A reporteira galega Miriam González está en zona de guerra. Trasladouse a Izium, onde investigadores ucraínos toman os territorios liberados de Kharkiv para documentar os presuntos crimes de guerra cometidos polo exército ruso. O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, informou da aparición de “dúas fosas comúns máis, con centos de persoas”, onde xa se exhumaron 447 corpos nun enterramento masivo cerca do cemiterio.
  comenta   0
400 persoas participarán o 30 de setembro nun concerto da Real Filharmonía no que se lles tomarán mostras biolóxicas para o seu estudo
  comenta   0
Valería para identificar os abandonos de camadas. Protectoras alertan do "dramático" aumento dos abandonos durante este verán. Na cidade xa hai "máis cans que nenos" .
  comenta   0
Científicos reivindican a capacidade da dieta atlántica de inducir efectos beneficiosos para a saúde por medio de mecanismos que regulan o funcionamento dos nosos xenes e que poden actuar na prevención de enfermidades.
  comenta   0
Se non hai novidades antes, este sábado prescribirá o caso (ao cumprirse 20 anos dos feitos), salvo para todas aquelas actuacións que teñan que ver co único investigado, o seu exmozo.
Crean unha nova molécula que ataca o metabolismo enerxético que é necesario para a progresión do tumor.
  comenta   0
A súa familia pedirá que se amplíe a proba para buscar "marcadores xenéticos"
Unha nova investigación con participación galega relaciona variantes xenéticas con casos graves e mortes de pacientes infectados co coronavirus. Outros estudos tamén asocian outras variantes nalgúns xenes cunha maior protección fronte a infección por SARS-CoV-2.
  comenta   0