O TSXG absolve a un home dun delito de abuso sexual en Ourense ao apreciar erro na apreciación da proba

Revoga así o fallo da Audiencia Provincial de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/03/2024 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu dun delito de abuso sexual a unha muller, nun municipio ourensán, a un condenado a seis anos e seis meses de cárcere. Faino tras revogar o fallo da Audiencia Provincial de Ourense e despois de que a representación procesual do procesado interpuxese recurso de apelación, coa adhesión do Ministerio Fiscal, contra a referida sentenza e a acusación particular o impugnase.

A denuncia foi por uns feitos que a muller situou en setembro de 2021RE despois de que, segundo recollía o fallo, mantivese relacións con outro home e acabase en casa dunha amiga, na que vivía tamén o condenado, agora absolto, e ao que denunciou por relacións sexuais non consentidas.

A apelación articulouse pola vía do erro na apreciación da proba e vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva. Agora, o TSXG absolve ao home xa que, entre outras cuestións, incide en que non había "o mínimo rastro de ADN do acusado" no corpo da muller.

Dela, afirma que "sen mentir, puido facer unha serie de afirmacións derivadas do que creu ouvir, visto ou sentido naquela estraña noite na que inxeriu, xunto ao seu tratamento médico habitual, unhas elevadísimas doses de alcol como nunca antes tomara".

"En atención a todo o exposto, e por concorrer un manifesto erro na apreciación e valoración das probas, estímase o recurso da defensa, coa adhesión do Ministerio Fiscal, e revógase a sentenza de instancia", engade.

Sede TSXG
Sede TSXG | Fonte: E.P. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta