O BNG presentará mocións en Ferrolterra, Eume e Ortegal para demandar melloras no transporte público por estrada

Asegura que se trata dun sistema "deficitario" e que non soluciona os problemas reais de mobilidade.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 27/09/2023 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O BNG ten previsto presentar mocións en todos os plenos dos concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal para demandar á Xunta "melloras no transporte público por estrada" deste territorio, e que abarca todo o norte da provincia da Coruña. "Esta é unha problemática que non é nova, que perdura no tempo e que xera un grave problema de mobilidade á poboación", tal e como detallou o alcalde de San Sadurniño, Secundino García. Nunha rolda de prensa na mañá deste mércores en Ferrol, tamén se deu cita a rexedora de Moeche, Beatriz Bascoy, ademais de portavoces desta formación en Ferrol, Narón e Neda.

García detallou que, "neste territorio, co paso do tempo, foise agravando unha situación que nestes momentos é insustentable". Acusa á Xunta de "falsidade" ao anunciar a gratuidade do transporte para as persoas menores de 21 anos, xa que "esta é unha falsidade repetida constantemente, porque unha gran parte dos mozos deste país non teñen esa gratuidade, porque non teñen ese transporte".

ESTUDANTES, TRABALLADORES E SANIDADE

O rexedor de San Sadurniño incidiu que os problemas co transporte afectan "aos estudantes de estudos posobrigatorios, xa que teñen unha imposibilidade de poder escoller os estudos que quererían facer por falta de transporte". O representante do BNG tamén detallou que hai dificultades na mobilidade para traballar, para ir aos centros de servizos que están principalmente nas capitalidades municipais ou nas cabeceiras de comarca".

García manifestou que "o Goberno da Xunta non pode mirar para outro lado e pensar que isto non ten solución, cando é unha cuestión de pór recursos encima da mesa". "O que non se pode é pensar que todos os servizos públicos, os servizos esenciais, téñense que rexer por unha cuestión puramente economicista (...) se non son rendibles, socialmente e colectivamente temos que asumilo, xa que é unha cuestión como calquera outro servizo esencial".

Pola súa banda, o portavoz do BNG en Ferrol, Iván Rivas, detallou que "o transporte é un dereito fundamental e un dereito básico". Reclama, "de inmediato, volver a un modelo no que o transporte escolar é un servizo e o transporte discrecional é outro". Critica a unión de ambos tras o ano 2019, tras a amoestación á Xunta por parte da Unión Europea.

Por iso, Rivas pide á Dirección Xeral de Movilidade "solucións aos problemas, por unha banda, con reforzos do servizo do transporte metropolitano, o mesmo que hai que facer co transporte discrecional e escolar". Lamenta que a Xunta traslada que os picos de demanda íanse a resolver desenvolvendo listas de espera, "ademais de ser imprudente ou absurdo, pretender resolver ese problema con listas de espera e non querer ver o que tiñamos antes, nin unha maneira de resolvelo".

Autobús
Autobús | Fonte: TMB - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta