O 33% dos galegos pasa máis da metade das súas horas de traballo diante dunha pantalla

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2023 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Un 31,4% dos galegos pasa máis da metade das súas horas de traballo con dispositivos dixitais, segundo se desprende da Enquisa de Poboación Activa publicada este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Pola súa banda, un 24,8% dos traballadores ocupa máis da metade das súas horas lectivas realizando esforzos físicos, mentres que un 23,7% está a interactuar con persoas da súa mesma empresa ou organización e un 29,4%, con persoas externas.

Entre outros labores, o 5,9% dos galegos asegura que pasa máis da metade das horas lendo manuais e documentos técnicos, mentres que un 5,2% fai cálculos complexos. Ademais, un 10,3% indica que a metade da súa xornada dedícaa a facer tarefas que requiren destreza cos dedos e unha 9,8% asesora ou forman a outras persoas.

"Obsérvanse diferenzas por sexos na distribución do tempo dedicado ás distintas tarefas. No caso dos homes, a porcentaxe de persoas que dedican a metade ou máis do tempo da súa xornada laboral a facer esforzos físicos sobe ata o 29,1%, fronte ao 19,9% das mulleres", indica o IGE.

Pola contra, un 35,6% delas interactúa con persoas externas á súa compañía máis da metade das súas horas, mentres que só un 23,9% deles fai o mesmo. Con datos de 2022, en Galicia o 28,7% dos traballadores manifestou ter pouca autonomía tanto na orde como no contido do seu traballo, mentres que un 18,8% asegurou que tiña "moi ampla autonomía" respecto diso.

Así mesmo, o 84,8% da poboación ocupada realiza sempre, en gran medida ou en certa medida, tarefas repetitivas no seu emprego. Esta porcentaxe é lixeiramente inferior no caso da poboación que conta con educación superior, co 79,6%.

Ordenador portátil
Ordenador portátil | Fonte: Pixabay

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta