Danan máis de 40 coches en Ribeira na madrugada do domingo

Apareceron raiados e coas lúas rotas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2023 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia



O municipio coruñés de Ribeira foi escenario dun acto vandálico na madrugada deste domingo cando apareceron máis de 40 coches raiados.

Segundo informaron fontes policiais a Europa Press, os vehículos estaban estacionados no aparcadoiro de Agustín Fernández Oujo e na rúa Cordieiro e sufriron desfeitas tanto na carrozaría como nas lúas.

Ata o momento, segundo indicaron as mesmas fontes, varias persoas xa denunciaron os feitos. As dilixencias instrúeas a Policía Nacional"

coche, raiazo, accidente
coche, raiazo, accidente | Fonte: zoom informatica

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta