Denuncian "nenos abandonados", falta de persoal e "atrasos de sistemáticos" no transporte escolar

É a crítica que fai Anpas galegas que denuncian que é "incrible" que todos os anos "se produzan os mesmos problemas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2023 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

A Confederación Anpas Galegas denunciaron un inicio de curso marcado no transporte escolar polos "atrasos sistemáticos" e a falta de persoal nos servizos, unha situación que, segundo subliñan, ten como "claros responsables" ás empresas adxudicatarias e á Consellería de Educación.

Nun comunicado remitido aos medios este luns, a entidade que agrupa un total de nove federacións de organizacións de nais e pais cualificou de "incrible" que "todos os anos" se produzan "os mesmos problemas" na prestación dos servizos de transporte escolar.

Sinalan "atrasos sistemáticos de ata 15 ou 20 minutos", nenos "abandonados na parada porque non caben no autobús", "falta" de persoal, condutores "que non coñecen as rutas" ou alumnado "que viaxa de pé porque non hai asentos suficientes". Tamén afirman que esta situación provoca en ocasións que nenas e nenos "chegan unha hora antes do centro e loxicamente teñen as portas pechadas", o que provoca que "rompa" a cadea de custodia ao non estar aínda o profesorado presente.

"Facer levantarse a unha nena ou un neno ás 6,30 horas da mañá para coller o autobús é difícil de entender sobre todo se logo ten que esperar un intre ata que abra as portas o colexio, ou simplemente ocupa o tempo no autobús mentres que dá voltas para xuntar demasiadas paradas no mesmo traxecto", reflexiona Anpas Galegas no seu comunciado.

Así mesmo, puxo o foco en que o transporte de ensinanza non obrigatoria "está sen resolver" e lamentan que exista "un empeño" en "non redeseñar" as rutas, polo que demandan á Consellería de Educación que abandone o discurso de que estes problemas son "casos illados" e "puntuais" e que acometa un cambio no modelo que esixa ás concesionarias que cumpran cun servizo de calidade.

Escolares de Xinzo de Limia na parada do autobús escolar
Escolares de Xinzo de Limia na parada do autobús escolar | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta