Dúas liortas entre clans xitanos no barrio de Recimil obrigan a despregar un dispositivo policial

O incidente produciuse en ata dúas ocasións na tarde deste luns na rúa Ortigueira

Por E.P. | Ferrol | 02/10/2023 | Actualizada ás 21:14

Comparte esta noticia

A rúa Ortigueira do barrio ferrolán de Recimil foi na tarde deste luns, 2 de outubro, o escenario de ata dúas liortas entre clans de etnia xitana, supostamente debido á ocupación dunha vivenda.

Segundo soubo Europa Press, o primeiro dos enfrontamentos produciuse sobre as 15,30 horas entre ambos os clans, o que motivou que se despregase na zona varias unidades da Policía Nacional, pertencentes á Comisaría de Ferrol-Narón, e tamén os efectivos dispoñibles neste momento da Policía Local.

Tras lograr tranquilizar os ánimos e non levar a ninguén detido, horas máis tarde, sobre as 19,30 horas, volvéronse a vivir momentos de tensión, tendo que regresar de novo ao lugar axentes de ambos os corpos.

Ao parecer, o conflito estalou tras coñecer uns moradores da zona que uns residentes venderan as chaves a outras persoas de etnia xitana, aos que acusan de ser conflitivos. As vivendas de Recimil son propiedade do Concello de Ferrol e por iso só pode ser a Administración local a que pode arrendar as residentes, xa que son todas elas de titularidade pública.

Barrio de Recimil, en Ferrol
Barrio de Recimil, en Ferrol | Fonte: Urbancidades.wordpress.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta