Un IES monfortino gaña a final nacional do 'Concurso de Coñecementos Financeiros'

A cita tivo lugar en Sevilla o pasado 2 de outubro e puido presenciarse en directo e en streaming. O equipo de alumnas e alumnos do IES Río Cabe que competía tivo que facer fronte a preguntas financeiras relacionadas cos xuros bancarios, accións, contas bancarias e compras de produtos con descontos.

Por Galicia Confidencial | Monforte de Lemos | 04/10/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia