A Xunta apunta á responsabilidade policial nas novas adicións tras non actualizar o seu plan de drogas 2000-2016

O Plan de Transtornos aditivos de Galicia que está en vigor é o do 2000-2016, aínda que Rueda destaca que Sanidade xa traballa en plan de adicións a menores.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/10/2023 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

Fentanilo, novas formas de éxtase, 'Blunt', porro en 'L', porro biturbo, porro triturbo, porro en 'V'; de novas boquillas: 'churros' de carbono activo; da mestura de marihuana con haxix nos 'mariachi'; aceite de haxix, con maior concentración de THC... Manuel Isorna, experto en drogodependencia e profesor da UVigo destaca as novas formas de consumo de drogas con todo tipo de aparatos para atraer aos máis mozos: cachimbas, 'bongs', cigarros electrónicos ou máscaras semellantes ás de fumigación. O enxeño da industria da droga non ten límites.

Cánnabis fumado en 'bong'
Cánnabis fumado en 'bong' | Fonte: Royal Queen Seeds

Pero, a pesar diso, a resposta institucional que se lle dan ás novas drogas e ás novas adicións vai moi por detrás. A estratexia de actuación en materia de prevención de drogodependencias e condutas adictivas da Consellería de Sanidade detállase periodicamente no seu plan de trastornos adictivos. Na actualidade está vixente o Plan de trastornos adictivos 2001-2016, un plan obsoleto que non responde ás problemas de consumo actual. 

Por iso, Galicia Confidencial preguntoulle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre a actualización deste plan e o presidente da Xunta tentou botar algún balón fóra asegurando que a maior parte da responsabilidade na loita contra as drogas é policial. En todo caso, destacou que a Consellería de Sanidade traballa en novas estratexias de adición en menores. 

"VERTENTE POLICIAL IMPORTANTE"

"Hai unha vertente policial importante nisto", dixo Rueda ao recoñecer que hai "novas drogas e ouras que non son tan aditivas". "Pouco pode facer a Xunta para que se impidan novas delitos coa introdución de novas drogas", insistiu o presidente sobre a responsabilidade nesta materia.

Actualmente, a estratexia de actuación en materia de prevención de drogodependencias e condutas adictivas da Consellería de Sanidade detállase periodicamente no seu plan de trastornos adictivos. Na actualidade está vixente o Plan de trastornos adictivos 2001-2016.

OBXECTIVOS DO PLAN DA XUNTA

Establece 10 obxectivos xerais entre os que está reducir a prevalencia dos consumos de bebidas alcohólicas, tabaco e drogas ilegais, intensificar os mecanismos de regulación e control sobre a promoción e venda de bebidas alcohólicas e tabaco a menores ou reducir a prevalencia das adiccións sociais e condutas relacionadas. Tamén traballa sobre a diminución dos riscos e reducir os danos para a saúde e o benestar derivados do consumo de alcohol, tabaco e drogas ilegais, mellorar a cobertura asistencial dos trastornos adictivos ou garantir unha asistencia de calidade ás persoas con problemas de adicción desde o Sistema Público de Saúde.

Finalmente, a estratexia da Xunta pretende apoiar os procesos de integración social das persoas atendidas en Rede de Tratamento de Condutas Adictivas ou impulsar programas de formación continua e actualización en drogodependencias e outras adiccións para profesionais da Rede de Tratamento de Condutas Adictivas, técnicos de prevención, profesionais sanitarios e sociais e outros colectivos relevantes, algo que non se acaba de materializar tal e como destacan especialistas médicos na materia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta