Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/10/2023 | Actualizada ás 10:23
O socialista José Ramón Gómez Besteiro anunciou este luns de forma oficial que concorrerá ás primarias para ser o próximo candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia.
Minutos antes de que dese comezo no Parlamento galego o Debate do Estado da Autonomía, Besteiro compareceu ante os medios de comunicación nos corredores da Cámara para facer oficial esta decisión despois de que a Executiva Federal socialista ratificase a convocatoria de primarias.
O socialista dixo que asume esta decisión "con gran orgullo" e "satisfacción" e avanzou que proximamente escenificará "o proxecto de partido socialista" que propón, tanto para "satisfacer" aos militantes como para enviar "unha mensaxe" a Galicia sobre "a posibilidade de cambio".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.