As bestas e Matria, a cara e a cruz do cinema galego

O filme de Rodrigo Sorogoyen arrasou no despacho de entradas. O que Arde e O Corno tamén son exemplos de que o cinema galego gusta. No polo oposto, Matria, que non acadou os obxectivos agardados a pesar de ser amplamente publicitada en xornais e valados publicitarios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/10/2023 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

As Bestas vai camiño de ser a película galega con máis éxito nas pantallas. Desde a súa estrea, o 11 de novembro de 2022, máis dun millón de persoas viron un filme que recadou xa máis de sete millóns de euros.  Precisamente, durante a fin de semana da súa estrea, As Bestas foi a terceira película máis vista e a primeira de producción estatal. Conseguiu case 450.00 euros de recadación e 65.839 espectadores segundo figura nas estatísticas de espectadores e taquilla do cinema español do Ministerio de Cultura e Deporte.

'As Bestas' Obtén O Premio FECE 2022 Despois de Alcanzar O Primeiro Posto Da Carteleira En Apenas Cinco Semanas.. 'AS BESTAS'
'As Bestas' Obtén O Premio FECE 2022 Despois de Alcanzar O Primeiro Posto Da Carteleira En Apenas Cinco Semanas.. 'AS BESTAS'

 

O seu éxito non só foi nas pantallas de aquí. En Francia estreouse en cinemas o pasado 20 de xullo e entrou no 'Top 10' dos filmes máis vistos da carteleira francesa con 72.000 espectadores. En París, mesmo alcanzou a terceira posición do ranking de despacho de billetes. Estreada en 200 pantallas en territorio francés, esta coprodución logrou no seu primeiro fin de semana 384.000 euros, cunha gran media por pantalla de case 2.000 euros.

 

Non menor foi a acollida que tivo O que arde. No seu primeiro fin de semana nos cinemas, a película de Oliver Laxe converteuse na mellor estrea española independente do 2019. Con 46 pantallas á súa disposición, o filme galego gañou 1.463 euros de media por copia. En total, conseguiu 67.277 e 10.966 espectadores en tres días.

 

Tamén está tendo un éxito relativo O corno, de Avalon Distribución. A segunda longametraxe da directora e guionista Jaione Camborda, convocou a pouco máis de 13.000 espectadores tras estrearse en 80 pantallas (case o dobre de O que Arde) e durante cinco días, dous máis que cando se estreou a película de Oliver Laxe, xa que coincidiu coa ponte do 12 de outubro. 

 

A CRUZ, MATRIA

 

Pero, a diferencia de As Bestas e O que Arde, O Corno non foi a película mellor situada nas pantallas. Na fin de semana da súa estrea está de 13º filme máis visto e de 3º no ranquing español por detrás de Campeones e Vacaciones de Verano.  O contrapunto a O Corno está en Matria, que tamén foi coproducida por Elástica Film. Amplamente publicitada en numerosos medios de comunicación e en valados publicitarios, o filme non acadou as espectativas agardadas. Estreada o pasado 24 de abril, conseguiu 39.000 espectadores cunha recadación de 222.484€. Está no posto 27º do ranquing español de películas máis vistas neste 2023.

 

De feito, outro filme máis modesto e sen tanta publicidade, Salta!, de Olga Osorio e producida por Vaca Film, supera a Matria. Está no posto 26º tras estrearse cinco meses despois, o 1 de setembro. Recadou 229.080€ e foi vista, polo momento, por case 39.000 espectadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Jadi

Matria, a curtametraxe , é fantástica. A longametraxe a min decepcionoume, demasiado forzado todo, asma da protagonista incluída.