As exportacións acumulan tres meses consecutivos de baixada tras caer case un 5% en agosto

Tamén caen as importacións un 28,1% en agosto.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 19/10/2023 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

Galicia exportou bens por valor de 2.183,3 millóns de euros en agosto, un 4,8% menos que no mesmo mes do ano pasado, segundo datos de comercio exterior do Ministerio de Industria publicados este xoves.

Así, Galicia acumula tres meses consecutivos de baixada das exportacións --xuño, xullo e agosto--. Con todo, a caída de agosto é menos acusada que o 10% de retroceso na media española.

Na media do que vai de ano, entre xaneiro e agosto, as vendas ao exterior avanzan un 1,6% --cun total de 19.523 millóns-- en comparación co mesmo período de 2022. Esta taxa similar ao 1,8% de repunte no Estado.

As principais exportacións en agosto compútanse nos sectores de: manufacturas de consumo (31,7% do total, diminuíron un 5,3% interanual), sector automóbil (16,5% do total, ascenderon un 33,2% interanual) e bens de equipo (16,1% do total, creceron un 55,5% interanual).

SEGUNDO MAIOR DESCENSO DE IMPORTACIÓNS

Mentres, as importacións reducíronse un 28,1% en Galicia en agosto, segundo maior descenso entre comunidades. A media de contracción en España é do 17,3%.

Operarios de pintura da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo
Operarios de pintura da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo | Fonte: VICTOR CAMESELLE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta