A alcaldesa de Santiago valora que se van "cumprindo os prazos" para que en xullo esté lista a intermodal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2023 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, asegura que "se están cumprindo os prazos" para terminar na data comprometida, xullo de 2024, o novo edificio de viaxeiros da estación intermodal de Santiago. En declaracións á prensa con motivo dunha visita ás obras este luns, Blanco destacou que "se está traballando arreo" para "recuperar o tempo perdido durante moitos anos" nos que a intermodalidade estivo "nos caixóns" con outros gobernos en Madrid.

Visita ás obras da estación intermodal do delegado do Goberno, Pedro Branco. CONCELLO DE SANTIAGO
Visita ás obras da estación intermodal do delegado do Goberno, Pedro Branco. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Pedro Blanco subliña que se avanza para que Santiago sexa o primeiro concello de Galicia que incorpora a intermodalidade. Ademais, di que tamén está "orgulloso" como santiagués. Aínda que recoñece que é unha obra "complicada", "difícil", debido a que se mantén o tráfico ferroviario durante a execución, espera que se poña en marcha "antes que despois".

VALORACIÓN DA ALCALDESA

Pola súa banda, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, valora que se van "cumprindo prazos" para que "ao redor de xullo" do ano que vén estea lista a construción do edificio levantado de nova planta no espazo existente entre a antiga estación e a terminal de bus.

A rexedora espera que se cumpra co acordo alcanzado en pleno municipal, "por unanimidade", para que a intermodal se demonine de forma oficial Daniel Castelao. Tamén resalta que esta é unha obra "moi importante" para o conxunto da poboación de Compostela, pois "non será sen tempo" que poida contar cunha intermodal. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta