Formoso reivindica a "ilusión" creada por Besteiro que conta co "apoio" e a "fortaleza" de todo o PSdeG

"Non vimos reinventar nada, pero si vimos revolucionar Galicia respectando as súas tradicións e tomando as decisións que este país necesita", apuntou o secretario xeral do PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2023 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou a "ilusión" que se xera en torno ao candidato da formación á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, do que afirmou que conta co "respaldo" e a "fortaleza" de todo o Partido Socialista.

Tras participar nunha visita ao Concello de Rianxo en calidade de presidente da Deputación da Coruña, Formoso referiuse ao acto institucional celebrado pola formación o pasado sábado, no que participaron a vicepresidenta do Goberno Nadia Calviño e, entre outros, os rexedores da Coruña, Inés Rey; de Vigo, Abel Caballero; e Lugo, Lara Méndez, así como o presidente da Fegamp, Alberto Varela, e el mesmo para dar o seu apoio a Besteiro na súa presentación pública como candidato.

Conforme informou o PSdeG nun comunicado, Formoso destacou que nesta xornada os socialistas mostraron "toda a ilusión" que lles supón ofrecerlle a Galicia o mellor dos seus candidatos e o mellor dos seus programas.

Así mesmo, puxo en valor que as 110 alcaldías, as dúas deputacións e o goberno de España que están cun socialista á fronte significan "unha forza de interlocución coa sociedade diaria que lle dará ao candidato e ao PSdeG unha fortaleza enorme en conta á consistencia das súas propostas".

"Non vimos reinventar nada, pero si vimos revolucionar Galicia respectando as súas tradicións e tomando as decisións que este país necesita", apuntou o tamén alcalde das Pontes.

En concreto, puxo o foco no "mundo agrario, no da pesca e no da industria", pero sobre todo "no mundo do coñecemento, da tecnoloxía, da ciencia". Formoso considera que en Galicia parece que "non existe" e que se asume como un éxito que emigren a outros países os mozos recentemente formados, cun esforzo social e familiar enrome, sen que queden a render eses froitos no territorio que os quixo formar.

"Este fracaso nós non podemos asumilo", dixo para anunciar que o programa vai a "vehicular sobre a ilusión de quen non renuncia aretener o talento galego no país". "Estamos ilusionados de que haberá cambio en Galicia, un cambio tranquilo, un cambio responsable, pero un cambio que pare xa esta desmoralización que hai en todos os sectores cos que un contacta ao longo e ancho do país", engadiu.

Para o dirixente socialista "a fotografía do outro día mostraba esa 'afouteza' do apoio absoluto do partido a nivel galego e, por suposto, a nivel federal, tanto do goberno como dun partido que ten 144 anos de historia" e considera que iso lle dá un carácter especial a un candidato nun país como é Galicia con identidade propia, con carácter propio, con devir propio e que busca o seu lugar tamén a nivel europeo.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nunha visita a Rianxo (A Coruña). PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nunha visita a Rianxo (A Coruña). PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta