O PPdeG acusa a Sánchez de buscar "unha república bolivariano de España" coa renovación do CGPJ

A pesar do bloqueo na renovación deste órgano por parte do PP, este grupo apoiou na Cámara galega una iniciativa do PSdeG para "desbloquear" este organismo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2023 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Os grupos da Cámara galega chegaron a acordo sobre unha iniciativa defendida polo PSdeG que pedía rexeitar o "bloqueo" do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e lembrar ás forzas con representación nas Cortes xerais a obrigación do cumprir a Constitución.

PP, BNG e PSdeG votaron a favor este mércores dunha proposición non de lei defendida na tarde do martes pola deputada socialista Paloma Castro, quen atribuíu a situación do órgano de goberno dos xuíces a intereses " partidistas" do PP. Con todo, a pesar das diferenzas manifestadas polos grupos durante o debate, todos situáronse a favor do texto.

En concreto, na súa intervención, Castro, que afeou aos populares un bloqueo que "dura xa cinco anos" nos que ten ao CGPJ como "refén" para "chantaxear a democracia", acusou ao PP de vulnerar a Constitución ao negarse a renovar este órgano para "controlar á cúpula xudicial con xuíces afíns".

APOIO DO BNG

Na sesión, o deputado do BNG Iago Tabarés, que presentou unha emenda que non foi aceptada polos socialistas, xa avanzou o apoio da súa formación á iniciativa ao considerar que "polo respecto aos máis elementais principios democráticos" urxe a renovación deste órgano "previo consenso". Así mesmo, o parlamentario do Bloque sostivo que esta renovación debe de ser negociada nas cortes por todos os grupos e non polo goberno e os grupos.

Pleno do Parlamento de Galicia
Pleno do Parlamento de Galicia | Fonte: PARLAMENTO DE GALICIA

POSTURA DOS POPULARES

En fronte, o portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, asegurou que o PPdeG comparte a necesidade de normalizar a situación da xustiza e de que leve a cabo un proceso de despolitización. "Pero non compartimos as descaradas falsidades que contén o texto expositivo do seu PNL", trasladoulle á parlamentaria socialista.

Así mesmo, censurou que se responsabilice ao PP da situación. "O PP bloquea cando está na oposición e o equivalente é dicir que o PSOE bloquea cando está no goberno", dixo Pazos, que se preguntou "como pode ser" a súa formación a responsable se para o bloqueo son necesarios 141 escanos, unha cifra á que o PP non chega.

Ademais, dixo que o PP porá todo o que estea na súa man para que este país "non se converta na república bolivariano de España". "Sabe cal foi a primeira reforma de Chávez? Cambiar a maioría de elección do Tribunal Superior de Xustiza de Venezuela, exactamente o mesmo que queren facer aquí", censurou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta