Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2023 | Actualizada ás 10:04
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou para este xoves a alerta laranxa por choiva no interior da provincia de Pontevedra.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso comezará esta medianoite e espérase unha precipitación acumulada en 12 horas de 80 mm.
O resto do territorio galego queda en alerta amarela, con precipitacións de 40 mm en 12 horas que poden chegar aos 60 mm no interior e suroeste da Coruña e na provincia de Pontevedra.
Tamén estará activada a alerta amarela por vento, con fortes refachos no interior da Coruña, noroeste, Miño e sur de Ourense, e no interior de Pontevedra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.