Excarceran dúas persoas despois de que o seu vehículo envorcara en Celanova

Durante a comunicación cos xestores do 112 indicaban que as persoas non eran capaces de abandonar o vehículo polos seus propios medios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2023 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

Dúas persoas foron excarceradas polos equipos de emerxencias tras envorcar o vehículo no que viaxaban en Celanova.

Segundo informou o 112, os membros do GES-SPEIS de Celanova tiveron que intervir esta mañá para excarcerar ás dúas persoas implicadas no accidente cando circulaban pola OU-0209, á altura do punto quilométrico 9, ao seu paso pola parroquia de Milmanda.

Foron os axentes da Garda Civil de Tráfico os que chamaron ao 112 Galicia, ás 10:15 horas, para solicitar axuda para os ocupantes dun turismo, envorcado na estrada de Leirado, no concello ourensán de Celanova.

Durante a comunicación cos xestores do 112 indicaban que as persoas non eran capaces de abandonar o vehículo polos seus propios medios.

Enseguida, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES-SPEIS Terras de Celanova e dos axentes da Policía Local.

O operativo completárono os efectivos de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento das estradas.

Helicóptero e ambulancia do Urxencias Sanitarias 061 Galicia
Helicóptero e ambulancia do Urxencias Sanitarias 061 Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta