Primeiro foco de gripe aviaria en Galicia dende maio: cinco casos en gaivotas patiamarelas de Ribeira e Porto do Son

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2023 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

Cinco novos casos de gripe aviaria foron descubertos en Galicia en gaivotas patiamarelas identificadas nos municipios coruñeses de Ribeira e Porto do Son. A Consellería do Medio Rural trasladou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación estes casos, confirmados polo Laboratorio Central de Veterinara de Algete (Madrid), segundo recolle un comunicado da Xunta.

Trátase de catro exemplares de gaivota patiamarela localizados en Porto do Son e outro en Ribeira, dos cales, "algúns" foron atopados mortos e "outros" con sintomatoloxía clínica. É o primeiro foco que rexistra Galicia desde maio. Con este son oito os focos notificados pola Administración galega no que vai de ano. Sete dos focos foron en exemplares de gaivota e os restante nun párgalo parásito (palleira parasita, en galego).

A Xunta aclara que a notificación deste foco "non implica cambios no status sanitario de Galicia" respecto da gripe avaria, xa que afecta "exclusivamente" a aves silvestres. Por tanto, continúa, "non supón ningunha restrición ou medida adicional ao comercio de aves vivas e produtos derivados orixinarios da comunidade autónoma".

Así mesmo, o Goberno galego sinalou que a día de hoxe a valoración de risco na comunidade é "favorable" ao non iniciarse aínda o período de baixas temperaturas que favorece a circulación do virus nin arrincar aínda o tempo de maior afluencia de aves migratorias silvestres.

A identificación dos primeiros casos obrigou ao ministerio a levantar prohibicións e restricións en varios concellos galegos que, a día de hoxe, unicamente se manteñen nos sete muicipios pontevedreses que pertencen á zona declarada de especial risco (Cambados, O Grove, A Illa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa).

A Xunta lembra que o virus circulante non ten capacidade "significativa" de infección a persoas, pero recomenda "non manipular aves atopadas enfermas ou mortas e notificar o feito aos servizos veterinarios afectados".

Unha gaivota pousada nun muro
Unha gaivota pousada nun muro | Fonte: IEO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta